Galicia

Unha persoa morre e tres resultan feridas nun accidente de tráfico en Ortigueira

M.P.S., unha muller de 67 anos, morreu este luns nun accidente de tráfico, preto das dúas da mañá, en Ortigueira, no que resultaron feridas outras tres persoas, entre eas o seu home, J.B.J., de 71 anos, que tivo que ser operado de emerxencia e que está grave.

Os dous viaxaban no coche que bateu contra outro, ocupado por dúas mulleres, M.G.L. e M.C.G., de 49 e 45 anos de idade, que tamén resultaron feridas.

Segundo a información de Emerxencias, achegáronse ao lugar do sinistro os Bombeiros do Eume, que tiveron que sacar aos ocupantes dos dous coches, axentes da Garda Civil de Tráfico,  integrantes do GES de Ortigueira e tres ambulancias do 061.

 

También te puede interesar