Galicia

O persoal de mantemento do Meixoeiro suspende a folga ata o mes de marzo

O persoal de mantemento do Meixoeiro decidiu este martes, en asamblea, suspender a folga até o mes de marzo ante o compromiso da nova concesionaria de negociar a continuidade de todos os postos de traballo. Os empregados do hospital reclaman a presenza de responsables do Servizo Galego de Saúde (SERGAS) nas conversas, tal e como anunciou o propio organismo público, e agradecen o apoio recibido durante o conflito.

Os tres delegados de persoal (CIG) do servizo de mantemento do Meixoeiro explicaron que a decisión de suspender a folga indefinida até o vindeiro día 2 de marzo foi adoptada en asemblea pola maioría dos traballadores “despois de que a nova empresa concesionaria se comprometese a abrir un período de negociacións co obxectivo de intentar a continuidade de todos os empregos”.

Ademáis, a plantilla amosou o seu agradecemento tanto ao resto do persoal do centro médico como a pacientes e usuarios pola súa solidariedade, comprensión e apoio recibido “durante estas duras semanas”.

 

También te puede interesar