
O buque oceanográfico Sarmiento de Gamboa, que ten a súa base en Vigo, rescatou onte, segundo confirmaron fontes do Consello Superior de Innvestigacións Científicas (CSIC), a uns 200 refuxiados sirios en augas do Meditarráneo, entre Grecia e a illa de Sicilia.
Os refuxiados, a metade deles mulleres e nenos, estaban a bordo dunha barcaza que ía á deriva cando foron avistados polo Sarmiento de Gamboa, que voltaba do Mar Negro. O buque oceanográfico foi alertado polas autoridades marítimas italianas de que a nave, na que viaxaban 400 refuxiados, estaba sen goberno e dirixiuse ao lugar.
Ao chegar á zona do naufraxio atopouse cunha fragata da maría islandesa que xa embarcara á metade dos tripulantes da barcaza.