Centos de persoas esixiron este sábado á factoría viguesa de PSA Peugeot Citroën un “maior compromiso” cos seus traballadores e coa industria auxiliar galega. Os manifestantes saíron ao mediodía da Praza de América, cara a factoría de Citroën, onde se concentraron.
Os representantes sindicais pediron á empresa que se comprometa coa plantilla, logo de aprobar, sen consultar cos traballadores, e so co voto do sindicato independente da plata (SIT)-maioritario na mesma- o plan de competitividade.
Para parte dos empregados, este plan non é lexítimo posto que a maioría fala de recortes salariais e non garante nin o futuro nin o’Proxecto k-9’, para a fabricación de furgonetas en Vigo, tanto é asi que os concentrados demandaron da dirección que puxe por autro vehículo para que sexa posible o mantemento da actividade.
Ademáis delo, os concentrados aseguraron que Citroën non ten en conta o conxunto da empresa auxiliar xa que aposta por traer compoñentes de Portugal e Marrocos, o cal pon en perigo os empregos en toda a bisbarra viguesa.