Axentes da Policía Local do concello lucense de Vilalba e membros do Seprona despléganse para atopar ao dono de 7 porcos celtas que aparecereron este domingo pola mañá nunha finca da parroquia de Lanzós.
Segundo as primeiras pesquisas –a falla do análise de ADN e da chegada do CSI- os animais, se cadra, escaparon dalgunha granxa da zona xa que levan postas a chapas de identificación.
Á hora de redactar esta información, a operación ainda seguía adiante e non hai que desbotar que se atopen máis porcos agochados preto. Non se confirmou se lles aplicarán a lexislación antilaconista.