Galicia

Máis de 40 accidentes de tráfico durante a fin de semana, nas estradas galegas

Na comunidade galega, 57 persoas foron asistidas en 42 accidentes de circulación, dende as 15 horas do venres, día 12, ata as 23:59 horas do luns, 14 de decembro, segundo informa a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Cerca dun 60% eran homes, e un 50% dos atendidos, tiña entre 20 e 44 anos.

Por provincias, Pontevedra contabilizou 20 sucesos; a continuación, A Coruña con 16; e igualados a 3 incidentes, Lugo e Ourense. O maior número de atencións por sinistros foi o sábado, con 21 casos.

A Central de Coordinación do 061 recibiu 51 avisos, que xeraron 42 asistencias sanitarias. As ambulancias medicalizadas acudiron a 3 accidentes; as asistenciais, en 43 ocasións; e as convencionais, unha vez. En 52 casos, os feridos trasladáronse aos centros sanitarios correspondentes; e 5 persoas a maiores, foron atendidos no lugar do incidente.

 

 

También te puede interesar