Traballadoras sociais do Concello concentráronse, este luns, diante da Unidade Básica de Atención (UBA) da Praza da Princesa para denunciar a “situación de extrema precariedade e desamparo na que se atopan os usaruios deste servizo” como consecuencia da “falta de recursos, tanto manteriais como personais, adscritos ao departamento”.
Trátase da primeira das mobilizacións que teñe previstas este colectivo que este martes estarán, á 1 da tarde delante da UBA de Coia; o mércores, á mesma hora diante do Concello, e o xoves, día 18, tamán á 1, en Teis.