O colectivo A Ría Non Se Vende denunciou no xulgado o Plan de Delimitación de Espazos e Usos Portuarios (DEUP) do Porto de Vigo e dirixe a denuncia a responsables do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente (Magrama) aos que acusa de prevaricación, falsidade en documento público, delitos contra os recursos naturais, o medio ambiente e contra a ordenación do territorio.
A Ría non se Vende sinala que incluír na zona de auga do Porto espazos da Rede Natura 2000- como a Ensenada de San Simón, Illas Cíes ou as Illas Estelas- estes “quedan sen protección e sen o preceptivo control”.
O colectivo presentou, ademáis, un escrito na Xunta para esixir que o Goberno galego aprobe, “urxentemente” medidas preventivas que permitan “evitar posibles deterioracións nos espazos naturais incluídos na Rede Natura 2000” e “someta a unha verdadeira avaliación ambiental todas as actividades actualmente instaladas en espazos naturais” e “segregue definitivamente os espazos da Rede Natura, bancos pesqueiros e marisqueros da zona de servizo do Porto de Vigo”.