Vigo al minuto

O Concello denuncia ante a subdelegación do Goberno o “concerto ilegal” na rotonda de Alcampo

A rotonda de Alcampo, este martes ás 7 da tarde/Tresyuno Comunicación

O Concello presentou un escrito ante a subdelegación del Gobierno en Pontevedra para solicitar que efectivos do Corpo Nacional de Policía investiguen e velen pola seguridade dos cidadáns durante o concerto “ilegal” convocado para a tarde deste martes pola Asemblea Aberta de Coia, na rotonda de Alcampo.

O escrito, segundo fontes do Concello, presentouse para que as autoridades “velen axeitadamente para impedir a celebración”, que debía empezar ás 7 da tarde, e poder garantir a seguridade nunha zona pola que de media circulan ao día 45.000 vehículos.

Segundo a administración local, o Concello non pode, nin cos efectivos da Policía Local velar polo risco para a circulación que pode producir “este evento totalmente ilegal”.

 

También te puede interesar