Varios grupos musicais xúntanse este martes, día 23 de decembro, ás 7 da tarde, na Rotonda de Alcampo, nunha ‘xornada lúdica’ contra a colocación do ‘Bernardo Alfageme’ en Coia. Segundo os organizadores, está prevista a actuación de Andre, Bruxo, Cloaka Sound, Drama, Duke Sam, El Puto Coke, Frank, Kanido, KLTS, Nervo, Ostia Padre y Perros Norteños, ainda que, “dada a cantidade de músicos e grupos que ofrecéronse para colaborar ainda non están pechadas todas as actuacións”.
Esta iniciativa súmase ás que veñer impulsando veciños e colectivos contrarios á colocación do barco na Avenida de Castelao e que, durante dúas semanas impediron a continuación das obras de adecuación da rotonda para a ubicar nela ao ‘Bernardo Alfageme’.
Pola súa banda, o goberno local segue insistindo en que o barco irá, definitivamente neste lugar ao tempo que o alcalde asegura que esta oposición non é vecinal senon “promovida pola CIG con fins políticos”. Abel Caballero afirmou que “o barco irá a Coia que é donde os veciños queren que se poña” e acusou ao Bloque Nacionalista Galego e á CIG de “usar os cartos dos traballadores para facer política”.