64.000 xubilados galegos con pensión contributiva, o 10% do total, cobra menos de 404 € ao mes

64.000 galegos, o 10% de todos os que perciben pensións contributivas, cobran ao mes menos de 404 €, segundo os datos dun estudo do Instituto Galego de Esatística (IGE), elaborado con datos da Seguridade Social, e difundido este venres.

En 2013, en Galicia, cobraron pensións contributivas 647.182 persoas, das que a metade eran mulleres, ademáis preto do 80% destes pensionistas tiña máis de 65 anos. O importe medio das pensións dos galegos era de 833,61 €, ainda que no caso dos homes era preto dun 37% superior que a das mulleres.

O ano pasado a metade dos pensionistas galegos cobrou unha media 631,3 €, mentes que o 10%, non chegou aos 403,7 €. Por sexos:  o 25% dos homes percibiu pensións medias de máis de 1.000 €, por el contrario so o 10% das mulleres pensionistas chegaban a esta cantidade.

 

You may also like