Salvamento Marítimo suspendeu, sen éxito, a busca dos dous mariñeiros desaparecidos no ‘Paquito II’, afundido hai once días fronte a Corrubedo. Este sábado, participaron nos labores de busca o Pesca 1, da Xunta; a Salvamar Régulos; e as patrulleiras da Garda Civil Río Guadalope e Río Xallas, ademáis do helicóptero Uco, da Garda Civil.
A busca centrouse entre as zonas de Baroña e Sálvora, bordeando a costa, pero tamén mar dentro, a unhas sete millas.
Por terra, participaron nos labores de rastrexo voluntarios de Protección Civil de Boiro e Ribeira que, como en xornadas anteriores, peitearon a liña de costa buscando algún indicio dos dous mariñeiros que aínda permanecen desaparecidos.