A Concellería de Cultura, Festas e Museos organiza a tradicional Cabalgata de Reis, que terá lugar o vindeiro luns 5 de xaneiro polas rúas de Vigo; primeiramente, celebrarase unha recepción das SS.MM. Os Reis Magos a todas as nenas e nenos da cidade no Auditorio Municipal do Concello de 12 a 1 da tarde.
Posteriormente, celebrarase a recepción das autoridades a Melchor, Gaspar e Baltasar na Porta do Sol, ás 5 da tarde, que dará paso ás 6, á saída da comitiva real da rúa García Barbón (dende o nó de Isaac Peral), seguindo polas rúas Policarpo Sanz, Porta do Sol e Paseo de Alfonso XII, onde rematará sobre as 8.
A comitiva real contará coas carrozas das SS.MM. Os Reis Magos, a do carteiro real, as carrozas comerciais, grupos de animación, autobuses, coches antigos e un grupo de cabalos, entre outros elementos.