O presidente da Xunta asegurou este mércores no seu discurso de fin de ano-emitido dende oCentro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG), no Porriño- que Galicia empeza a crear emprego dado que se”soubo anticipar con terapias apropiadas“, cando aínda se dicía que a “crise era ficticia” e sabe agora “aproveitar os indicios do resurximento, cando algúns aínda se empeñan en ver un panorama sen esperanza”. “A nosa é unha esperanza fundada: en feitos e realidades froito do esforzo, a constancia e a perseveranza”
O presidente do Goberno sinalou aos galegos como artífices do “xiro” económico de Galicia e salientou que que nos “transos máis aciagos” Galicia “non parou de esforzarse, de investigar, de estudar e de emprender”. “Galicia atravesou unha crise, pero a nosa forma de ser e de facer nunca estivo en crise”.
O presidente Feijóo sinalou que a Galicia que estaba “nunha nación que arrastraba un problema de déficit” é agora a que controlou as súas contas durante seis anos nunha España que “repeleu o rescate”; pero tamén unha das comunidades que “menos” aumentou a súa débeda, que aspira a crecer un 2 por cento o próximo ano, e que “está empezando a crear emprego”.