Se reintegrará os funcionarios da Xunta o 12,5 % da paga extra de Nadal suspendida en 2012, e se intentará pagar ata o 25 % desa paga no primeiro semestre de 2015, “se pode ser”. Asi o dixo o vicepresidente do Goberno galego, este venres durante unha visita ao Concello de Redondela, na que estivo acompañado polo alcalde, Javier Bas.
Alfonso Rueda engadiu que, como xa se avanzara e “sen enganar a ninguén”, a intención do Goberno é devolver o 100% desa paga “cando as posibilidades económicas o permitan”. O Vicepresidente lembrou que foi a crise a que obrigou a tomar esa medida, “algo que non foi doado nin popular”, pero que, subliñou, axudou a que “Galicia teña unha saúde financeira que outras comunidades non teñen”.
Segundo o vicepresidente do Goberno, outras comunidades “deben recorrer continuamente aos mecanismos de rescate” aprobados polo Goberno do, “perdendo autonomía financeira e capacidade de facer cousas”, mentres que “Galicia, pola contra, pode agora beneficiarse de vantaxes como a condonación de intereses da débeda que había que devolver”. “Agora que empeza a recuperación económica, verase a importancia de ser serios nas contas, cumprir o déficit e poder manter os servizos públicos esenciais”, concluiu Alfonso Rueda.