Galicia

O Sorteo de Nadal da ONCE deixa 4 millóns en Santiago e 40.000 € en Carballo

O Sorteo Extraordinario de Nadal da ONCE repartiu 4 millóns de euros en premios en Compostela e 40.000 € no concello de Carballo. A ONCE informou de que a vendedora Ana María Pérez Vilar vendeu os números na Praza de Cervantes e no centro comercial compostelano Área Central, ao repartir 4 millóns grazas a 10 cupóns vendidos do primeiro premio, con 400.000 € cada un.

Ademais, o segundo premio deste Sorteo de Nadal da ONCE repartiu outros 40.000 €na zona urbana de Carballo grazas ao cupón vendido por José Ramón Lestón Casais.

No conxunto estatal, o Sorteo Extraordinario de Nadal da ONCE repartiu, só en premios maiores 26.520.000 €.

 

También te puede interesar