Axentes da Policía Local identificaron a dous rapaces que, esta noite, romperon varias caixas de regalos e bolas decorativas na rúa Príncipe. Unha dotación do 092 sorprendeunos pasadas as 2 da mañá cando estaban dado patadas aos paquetes e abriu unha comunicación que permitirá ao Concello presentar unha denuncia e esixir o custo dos desperfectos.
As caixas están valeiras e non teñen máis valor que o decorativo, pero dende o Concello xa se advertirá que se perseguirían actos coma este, polo cal a Concellería de Seguridade puxo vixiancia permanente para evitar este tipo de incidentes.