Logo de tres horas de ‘ocupación’ da rotonda de Alcampo, máis de 50 axentes da Policía Local- que chegaron ao lugar en máis dunha ducia de coches e dez motos- desaloxaron a unhans vinte persoas que estaban na glorieta dende as 6 e media da mañá.
En contra do que sucederá noutras ocasións, nesta a Policía non agardou a que houbese máis xente no lugar e, logo de identificar aos que estaban ali- pedíndolles a documentación- sacounos do logar entre entre protetas. Á hora de redactar esta información, aínda hai manifestantes no lugar, rodeados por axentes do 092, o cal está dificultando a circulación pola Avenida de Castelao.
Nos días, pasados, coincidindo coas festas de Nadal, os veciños permitiron que se pechase o perímetro da rotonda cun valado para facilitar o tráfico e non ocuparon o lugar, pero este mércores retomaron as súas protestas en contra da colocación do ‘Bernardo Alfageme’, retirando unha parte do valado e a lona que tapaba o centro da glorieta.
Hai que lembrar que a Asamblea aberta de Coia pediu ao alcalde que sometese a referéndum a colocación do barco neste lugar, presentou un escrito solicitando que o mesmo se declarase Ben de Interese Cultural e se levase a outro lugar e, hai uns días, comunicou que a Fiscalía admitirá a trámite unha denuncia contra o alcalde e a empresa encargada das obras.