Galicia

112 mortos nas estradas galegas o ano pasado, 14 máis que en 2013

112 persoas faleceron nas estradas galegas o ano pasado, 14 máis que en 2013, segundo os datos, provisionais, achegados este xoves polo delegado do Goberno en Galicia. Sete destas persoas moreron nos desprazamntos de Nadal- dende o 20 de decembro ao 6 de xaneiro- unha cifra tamén superior ao de hai un ano, cando perderon a vida 4 persoas.

En rolda de prensa, acompañado polo xefe provincial de Tráfico da Coruña e responsable autonómica, Victoria Gómez, e o tenente coronel do sector de Tráfico da Garda Civil, Javier Molano, Santiago Villanueva salientou que as saídas de vía, un total de 44, concentraron a principal causa dos sinistros.

 

También te puede interesar