Vigo al minuto

Feijóo culpa á gripe do caos en Urxencias e datos de Sanidade indican que afecta á terceira parte de pacientes que o ano pasado

O presidente da Xunta, asegurou este xoves que os problemas rexistrados en centros hospitalarios galegos teñen máis que ver con complicacións da gripe, “con máis incidencia este ano nos maiores, o que incrementou os ingresos”, que coa acumulación de pacientes e co feito de que os que van teñen unhas complexidades respiratorias máis profundas.

Feijóo subliñou que “como cada ano”, Galicia vive a onda da gripe, e para xustificar o caos en servizos de Urxencias, como os do Xeral e o Meixoeiro, dixo que o virus está a ter maior incidencia nas persoas con máis idade ocasionando máis “complexidades respiratorias”.

“Levamos catro semanas cunha onda de gripe importante”, concretou, antes de sinalar que, segundo a previsión das autoridades sanitarias, que pediu acoller con prudencia, o pico se alcanzará “estes días”, de forma que a frecuentación de urxencias hospitalarias como consecuencia desta doenza diminuirá nas próximas semanas.

As declaracións do presidente galego están desmentidas pola Rede Nacional de Vixiancia Edidemiolóxica, que no seu último informe semanal – que abrangue do 29 de decembro ao 4 de xaneiro- sinala que a actividade da gripe no Estado é tres veces menor, en número de casos, que na mesma semana de hai un ano.

A tasa global de incidencia da gripe- sempre segundo os datos deste organismo oficial- é de  31,23 casos por 100.000 habitantes, lonxe do establecido para el inicio da tempada epidémica (58,52 casos por 100.000 habitantes) e un tercio dos 92,07 casos rexistrados hai un ano, na que a maior incidencia prodúxose un mes miás tarde (do 20 ao 26 de xaneiro), con 292 casos por 100.000 habitantes.

 

También te puede interesar