O Servizo Galego de Saúde (SERGAS), ven de habilitar 15 camas no hospital Cíes para ingresar a outros tantos pacientes co obxectivo de afrontar o caos nas Urxencias, tanto do Xeral como do Meixoeiro,-que onte o presidente Feijóo atribuiu á gripe, ainda que datos oficiais do Goberno do Estado indican que ten unha incidencia tres veces menor que hai un ano-.
O Cíes, hospital de ciruxía ambulatoria, para intervencións que so precisan ingresos por unhas horas, e que está pechado os fines de semana, tivo que habilitar o persoal necesario: médicos, enfermeiras, auxiliares ou celadores.
Ainda así, o persoal denuncia que esta medida non é efectiva xa que o caos en Urxencias– con ata 9 horas de agarda e, nalgún caso 13 e 14– ten que ver “cos recortes en persoal e o peche de camas”.