O BNG conmemorará como cada ano o legado da figura de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao a través dunha ruta histórica, este sábado, en Rianxo, lugar de nacemento do médico, escritor, pintor, ilustrador, político e referente do nacionalismo galego.
Esta iniciativa transcorrerá dende as 11,00 horas polos lugares máis vencellados en Rianxo a Castelao con intervencións musicais e literarias, e finalizará cunha ofrenda floral ante a escultura deste escritor, 65 anos despois da súa morte, ocorrida o 7 de xaneiro de 1950 en Bos Aires.