Un can e un gato velaron durante días o corpo do seu dono na localidade de Meicende, situada no concello de Arteixo. Os animais permaneceron xunto ao cadáver ata que foi achado por membros do Servizo de Emerxencia a pasada madrugada, no seu domicilio.
Segundo o Servizo Galego de Lecería, Servigal, esta noite cando, ao acceder á vivenda, axentes da Policía Local de Arteixo e membros de Servigal descubriron o can, ‘Willy’, que protexía o corpo do seu amo falecido con ladridos.
O quería impedir que ninguén se achegase a él, defendéndoo de quen creía uns intrusos e “amosando unha lealdade máis alá da morte” cara a quen for a ata o momento a súa familia, asegurou o Servizo Galego de Lecería.
Con todo, os axentes e os membros de Servigal conseguiron recoller tanto ao can coma ao gato que había na casa. Ante a imposibilidade de facerse cargo de ambos os dous animais, os familiares do defunto decidiron entregalos ao Centro de Recollida de Animais abandonados do Consorcio de As Mariñas.
Este centro, que está en Limiñón, no concello de Abegondo, ven de facilitar un teléfono para aquelas persoas unteresadas na adopción dos animais: 981 67 90 83, que está operativo de luns a venres en horario de 9 da mañá a 2 da tarde e de 4 a 8 – os sábados abre so de 9 a 2 para qunes queiran achegarse ata alí.