'Qué te cuentas?'

Unha anciá conduce 15 quilómetros en sentido contrario pola AP-9

Axentes da Garda Civil imputaron a unha anciá de 79 anos por un suposto delito contra a seguridade viaria por conducir 15 quilómetros en sentido contrario na AP-9, entre Ferrol e A Coruña.

Os feitos ocorreron o pasado venres preto das 8 da tarde: a muller foi interceptada polos axentes á altura do quilómetro 18 da AP-9, á altura do concello de Miño, tras percorrer 15 quilómetros en dirección Ferrol polo carril sentido A Coruña.

A muller xa chocara con dous vehículos antes de ser detida, ante o que alegou que se confundiu de entrada á AP-9 en Guísamo, ainda que decatouse do seu erro en pleno tránsito pola autoestrada, explicou aos axentes, polo que “optou por circular a gran velocidade para saírse canto antes, aproveitando que apenas había circulación”, informa a Garda Civil nun comunicado, que engade que lle efectuaron o test de droga e alcol pero que arroxaron resultados negativos.

 

También te puede interesar