Galicia

Resposta dun directivo de GES a traballadores de Cogami, “me suda los cojones si estáis sin cobrar”

Traballadores de REGAKI-COGAMI, co apoio de representantes da CIG-Servizos pechábanse contra o mediodía deste xoves nas dependencias de Galega de Economía Social para exixir o pago dos seus salarios e que se manteñan os postos de traballo. Alí mesmo, e antes de ser desaloxados pola policía, puideron falar co vicepresidente de COGAMI e conselleiro delegado de GES, Ramón Sestayo quen, segundo os concetrados, respondeu ás súa demandas deciendo, “me suda los cojones si estáis sin cobrar”.

“¿Como pode, o directivo dunha empresa de economía social que ten como fin favorecer a integración de persoas con discapacidade, contestar deste xeito a un colectivo especialmente sensíbel, que padeceu durante todos estes anos unha enorme precariedade laboral, cobrando arredor de 600€, e grazas aos que obtiveron subvencións millonarias da Xunta?”, se pregunta Carminha Naveiro, membro da Executiva da CIG-Servizos.

Para Naveiro, máis alá dunha falta de respecto e dun insulto, o esta frase é unha mostra da indecencia” da dirección desta empresa e da absoluta “falta de sensibilidade” cara todo o colectivo de traballadores que leva desde o mes de novembro sen cobrar e que “xa non poden pagar nin as facturas nin os medicamentos”, para moitos deles esenciais ao padecer enfermidades crónicas.

A iso hai que engadir, salientou Carminha Naveiro, o risco que corren de quedar na rúa se finalmente o ERE extintivo proposto por REGAKI vai adiante, motivo polo que se pecharon nas oficinas da cales foron desaloxados pola Policía, “en menos de media hora logo da chamada da empresa”.

 

También te puede interesar