
A Seción Sexta da Audiencia Provincial de A Coruña, que xulga o roubo do Códice Calixtino, decidiu anular as grabacións feitas na casa do ladrón confeso e rexeitou o resto das peticións realizadas polo abogado de José Manuel Fernández Castiñeiras, a súa muller e o seu fillo.
O tribunal considerou que esta dilixencia é nula xa que vai en contra do dereito á vida privada na vivenda do acusado xa que a colocación de micrófonos na casa do ex electricista da catedral de Santiago antes da súa detención, “é unha intromisión no dereito á vida privada”, de xeito que quedan fora do procedemento xudicial as devanditas grabacións.
Pola contra, os xuices rexeitaron a nulidade das grabacións no despacho do administrador da Catedral da do que trátase dun espazo non aberto ao público e, en calquera caso, corresponde a un elemento de mera legalidade e non atenta contra dereitos básicos do acusado.
Tamén foi rexeitada a petición de nulidade, tanto do arresto de Fernández Castiñeiras, como as entradas nas súas propiedade xa que, segundo o presidente do tribunal, non houbo atentado algún contra os seus dereitos fundamentais.