Vigo al minuto

O BNG propón no Parlamento que o barco de Coia vaia ao Museo do Mar e o PP apoiará a moción

O Bernardo Alfageme

O Bloque Nacionalista Galego ven de rexistrar no Parlamento de Galicia, unha iniciativa pola cal pide ao Goberno galego que inicie conversacións co Concello para que o ‘Bernardo Alfageme’ sexa rehabilitado pola Consellería de Cultura e instalado no Museo do Mar.

Segundo explicou este mércores a deputada Carme Adán, na súa opinión co pesqueiro pódense facer dúas cousas: ou ben “poñelo nalgún lugar como unha macetaou que forme parte do patrimonio histórico de Vigo, “o alcalde preferiu colocalo nunha rotonda coma unha maceta”, comentou.

O BNG, subliñou prefire que se recupere o barco e que pase a ser parte do museo e, deste xeito, que sirva para dar a coñecer parte da historia da cidade, algo que é posible, insistiu, porque o único que habería que facer seria actualizar un informe que xa fixo no seu día o Museo do Mar para levalo ás súas instalacións.

O candidato do Bloque á Alcaldía, asegurou que “o todopoderoso Abel’ incumpriu dous acordos do Pleno do Concello contrarios ao proxecto da rotonda». Ademáis, Serafín Otero asegurou que o alcalde so dixo «mentiras e falsidades» acerca da posición do BNG neste asunto xa que, insistiu Otero, “o Bloque nunca votou poñer o barco en terra”, ainda que sí estivo a favor dunha modificación orzamentaria de 275.000 €-casi tres veces o orzamento que manexa o Concello para instalar o barco na rotonda de Alcampo- para reformar o barco e evitar que se afundise. «A Nosa intención foi sempre a conservación do patrimonio, e colocar o barco nunha rotonda é algo irracional».

Pola súa banda, o grupo municipal do Partido Popular está disposto a apoiar ao BNG nesta proposta xa que, como dixo este martes o secretario xeral do PP de Vigo, o seu partido está dacordo en que o ‘Bernardo Alfageme’ se coloque no Museo do Mar en non na rotonda de Alcampo.

Miguel Fidalgo anticipou que os deputados do Partido Popular do Parlamento de Galicia votarán a favor da proposta do BNG ainda que lembrou o barco é do Concello e que é o goberno local o que decide qué facer con él. Iso sí, engadiu Fidalgo, o PP local xa fixera xestións coa Xunta e non hai inconvinte en levar o buque ao Museo do Mar, “ainda que é o Concello io que ten a última palabra sobre a súa ubicación”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.