Galicia pechou 2014 con 17.000 parados menos que 2013, hasta quedarse en 263.800 desempregados. Ainda así, a ocupación tamén baixou en 2.200 persoas, ata 1.000.400 ocupados, segundo a Enquisa de Poboación Activa publicada este xoves polo Instituto Nacional de Estadística (INE).
Dacordo cos datos, o desemprego subiu na tasa intertrimestral no último trimestre do ano pasado, exactamente en 5.600 personas, en relación co mesmo trimestre de 2013. Ao mesmo tempo, a ocupación entre os galegos tamén baixou: ao terminar decembro había 16.900 ocupados menos que o mesmo mes do ano anterior.