O alcalde e o presidente do Celta asistiron este venres ao inicio dos traballos de reforma integral de Balaídos que incluirán unha nova cuberta, tiras de aluminio de tres metros de ancho simulando ondas, ademais dunha nova entrada. Moveráse Preferente ao campo, de xeito que, como Tribuna e Río, tamén se achegarán a só 5 metros do terreo de xogo. Ademáis, todo o estadio quedará á mesma altura o que permitirá protexer mellor as gradas da choiva. Finalmente, derrubarase a grada de Gol, que tamén se achegará ao borde do campo.
Un dos aspectos nos que incidiu Abel Caballero foi o da seguridade, xa que o estadio leva sen someterse a controis desde 1982, ano no que acolleu varios partidos da primeira fase do Mundial de Fútbol. A este respecto, avanzou que xa nesta primeira fase vaise realizar o asentamento xeral da estrutura do campo, dado está anclado en zonas freáticas, para protexer aos 31.000 espectadores -1.000 máis que antes- que van poder achegarse ao estadio cada domingo ao ampliarse o aforo. A remodelación completaráse cun xogo de luces exterior que cambiarán cos goles no campo.
Caballero avanzou que a semana que vén asinarase o convenio co Celta, e a seguinte coa Deputación, e subliñou que este acordo permite ao Concello abonar só 10 dos 30 millóns aos que ascende a remodelación integral do estadio municipal.