Vigo al minuto

Unha familia de Vigo con tres menores, a un paso do desafiuzamento

Foto: Andrés Kudacki/https://magiapequenascosas.wordpress.com/author/lamagiadelaspequenascosas/page/5/

A Oficina de Intermediación Hipotecaria (OIH) de Vigo ven de denunciar a situación dunha familia da cidade, unha parella con dúas fillas de 17 e 10 anos e una neta, filla da rapaza de 17 anos, que non pode pagar a hipoteca da casa, que vais air a poxa este mércores.

Segundo a OIH, a empresa do pai non lle paga e a nai traballa de empregada de fogar e cobra menos do salario mínimo polo cal teñen unha débeda con Abanca que non poder pagar, ademáis tampouco poideron chegar a un acordo co banco para evitar o desafiuzamento.

Cando outra persoa compre a casa, a familia non so perderá o seu fogar: aínda quedará pendente de pago unha importante cantidade de cartos- parte da débeda máis xuros– o que impedirá que poidan “refacer a súa vida e empezar de novo”.

A Oficina de Intermediación pide a paralización da poxa e “unha solución digna e xusta para esta familia” a cal podería ser unha dación en pago ou un alugueiro social.

 

También te puede interesar