Galicia

A Federación Galega de dano cerebral denuncia carencias importantes de atención e pide outra unidade en Vigo

O voceiro da Federación Galega de Dano Cerebral -que integra cinco asociacións de dano cerebral -de A Coruña, Lugo, Vigo, Ourense e Santiago denunciou este mércores, na comisión do Parlamento de Galicia para o seguimento das políticas de minusvaliez, as “carencias importantes” na asistencia pública que se presta ao colectivo de persoas con esta minusvalidez, ao tempo que instou á Xunta a crear unha segunda unidade para o seu tratamento no novo hospital de Vigo.

Diante dos grupos parlamentares, Fidel Castro advertiu o dano cerebral adquirido é unha minusvalidez silenciosa, posto que os afectados “están ocultos, nas súas casas”, e é por iso que os familiares son os que na maior parte dos casos asumen as tarefas para apoialos e denunciou que “o servizo que se ofrece ás familias é moi precario”.

Castro esixiu a elaboración dun estudio serio que permita coñecer, en primeiro lugar e de verdade, o número de casos existentes en Galicia, xa que, subliñou, so hai aproximacións a partir de enquisas de, polo menos, sete anos atrás.

 

También te puede interesar