Segundo informa o Sindicato Unificado de Policía (SUP), a Fiscalía de Vigo abriu dilixencias de “investigación penal” sobre o número de chalecos antibalas que hai na comisaría da Policía Nacional da cidade e estudiará se hai neglixencia no caso de que hai varios deles, para axentes mulleres, que ainda non foron entregados.
Hai que lembrar que o SUP presentou unha denuncia o pasado mes de decembro na que pedía que se delimitasen as posibles responsabilidades por un suposto delito contra a seguridade dos traballadores pola falta de chalecos na Comisaría, logo da morte de Vanessa Lage e as feridas graves do subinspector Vicente Alló, no atraco á sucursal de Abanca de Doutor Carracido, en novembro.
A Fiscalía tomou declaración este venres á secretaria de Riscos Laborais do SUP quen sinalou os motivos da denuncia e as sospeitas de que semanas antes do tiroteo en Abanca había, na Comisaría, chalecos antibalas para as axentes femininas que non se chegaron a repartir.