O número de parados en Vigo era, a finais do mes pasaso, o mesmo que a en 2013 logo de que o número de desempregados anotados nas oficinas de emprego da cidade aumentase en 1.064 persoas, segundo os datos do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, difundidos este martes.
En toda a Área de Vigo o número de desempregados aumentou en 2.049 – o 30% do que medrou o paro en toda Galicia o mes pasado- deixando o total de persoas que non atopan traballo en 64.582.
A destrución de emprego afectou, principalmente, aos Servizos, con 999 parados máis, pero tamén aumenta na construción e na industria. Tamén cae o número de contratos indefinidos e entre os temporais, segundo denuncian as centrais sindicais, os tipos de contratación “pasaron de ser de días a facerse xa por horas”.