O número de parados rexistrados nas oficinas do Servizo Galego de emprego aumentou o mes de xaneiro en 7.084 persoas, o que supón que, en toda Galicia, hai anotados no paro 259.002 traballadores, segundo datos oficiais do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.
No conxunto do Estado o número de parados, rexistrados, é de 4.525.691 persoas, lo go de que o mes pasado aumentase en 77.980.