Video Vigo al minuto

Os xubilados galegos respostan á carta do Goberno na que anuncia unha suba de 1,8 € aos mes na súa pensión

O colectivo de xubilados, este xoves, en Vigo/Tresyuno Comunicación

Ducias de xubilados concentráronse este xoves pola mañá en Vigo para esixir un “incremento ral das súas pensións” que lles permita recuperar poder aquisitivo. O colectivo de xubilados remitiu unha carta á ministra Fátima Báñez en resposta a súa na que lles enunciaba un incremento da súa pensión nun 0,25%.

Segundo subliñan na súa resposta a realidade é que ese 0,25% corresponde, na realidade, a algo máis de 1,8 € ao mes, o que califican de “tomadura de pelo”, ao tempo que sinalan que, se cadra, ese é xa o custo de mandar esas cartas aos xubilados.

Hai que lembrar que os 464.900 xubilados galegos teñen a pensión máis baixa do Estado, 834,4€ mensuais, de media, o que a sitúa, segundo datos do propio Ministerio de Emprego e Seguridade Social, no último posto de toda España. Por provincias, esa pensión media é de  891 € en Pontevedra, 886 no caso de A Coruña, 728 € en Lugo e 698 € en Ourense.

O conxunto dos 743.793 pensionistas galegos- sumando as pensións de incapacidade, viuvez, orfandade- cobran, de media, 730,7 € mensuais: os 23.620 perceptores de orfandade perciben 363€; por incapacidade permanente, 68.640 personas e 809€ por caso. Respecto a viuvez, 528€ y 187.110 perceptores; e, finalmente, a pensión en favor de familiares, para 5.812 pensionistas, son de 467€.

O colectivo de xubilados lembra, ademáis, que os recortes “continuos” fixeron que fosen perdendo poder adquisitivo, ao que suman os pagos hospitalarios, o repago dos medicamentos, a suba do Imposto de Valor Engadido (IVE), sen contar o feito de que moitos deles teñen que facer fronte coa súa paga aos problemas económicos dos fillos que perderon o seu emprego pola crise.

 

También te puede interesar