A Comisión de Dereitos Humanos de Avogados Novos de Vigo ven de avisar da situación na que se atopa un preso de A Lama, de 33 anos de idade, que leva 55 días en folga de fame para denunciar os retrasos nos trámites dos procedementos xudiciais dos reclusos.
Javier Guerrero está en folga de fame dende o 11 de decembro, perdeu xa 20 quilos de peso e atópase en risco de sufrir un paro cardíaco. Ademáis, neste tempo, tamén fixo dous folgas de sede- do 2 ao 7 de xaneiro e do 16 ao 18 do mesmo mes- que interrumpiu por riscos para a súa saúde.
O recluso pide que A Lama “respete os dereitos humanos e cumpla o regulamento da cadea” e, en especial, que rematen os retrasos nos procedementos “pola falla de persoal na prisión e nos xulgados”.
Avogados Novos subliña que a Guerrero tivo en maio unha ‘revisión de grao’, un prcedemento no que se decide o seu grao na cadea, pero “polos retrasos ainda non se resolvei e chegou a pisarse cunha segunda revisión o pasado novembro”.
O Xulgado decidiu arquivar o primeiro recurso, “xa que o criterio é non ter dous recursos abertos” e o segundo segue pendente de resolución. “Javier sigue firma na súa resolución de non comer ata que non se resolva o seu recurso”, aseguran dende Avogados Novos.