Galicia

O Goberno de Galicia pide aos cidadáns que participen na elaboración da nova lei de transparencia

Parlamento de Galicia

O Goberno galego ven de poñer a  disposición dos cidadáns un “novo espazo de participación” na confección da nova lei de transparencia e bo goberno que está a elaborar. O obxectivo é “acadar un texto o máis consensuado posible, tendo en conta as achegas de todos os colectivos e particulares interesados en participar”. Unha vez que ese texto preliminar sexa elaborado, será sometido novamente á participación cidadá, do mesmo xeito que se fai co resto da normativa en tramitación.

Os interesados poderán enviar as súas propostas e suxestións ata o vindeiro 4 de marzo, a través dun formulario online que terán que completar co seu nome, DNI e correo electrónico. O formulario xa está dispoñible na páxina web da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia e Administracións Públicas.

O Plan contempla a elaboración desta nova Lei de transparencia e bo goberno de Galicia, que “recollerá e ampliará as esixencias da vixentes leis de transparencia e incompatibilidades”. Hai lembrar que o Estado ten aprobado unha normativa básica que se comezará a aplicar a finais deste ano.

 

You may also like