#PolasfillasDosNososFillos, Unha multitude sae a rúa en Santiago en defensa do galego

25.000 persoas saíron á rúa, este domingo en Compostela para defender o uso do galego e rexeitar a política lingüística do Goberno de Galicia ao que sinalaron como “culpable do descenso de galego falantes”.

Bixo o lema ‘Polas fillas dos nosos fillos’, convocados por Queremos Galego, os milleiros de participantes sairon preto das 12 e media da Alameda cara á Praza da Quintana esixindo o fin da “política de represión e destrución do idioma que practica o Goberno Feijóo”.

“A realidade é que o galego non está a funcionar como lingua oficial porque o Goberno galego está facendo todo o posible para acabar coa súa oficialidade”, aseguraron representantes de ‘Queremos Galego’.

“Hoxe estamos diante dunha multitudinaria demostración de unidade do povo galego coa súa lingua, unidade que o Partido Popular quere rachar a toda costa e empregando todos os medios, legais e ilegais que teña na súa man…algo que non vai lograr”.

 

También te puede interesar