É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer más44 feridos nunha fin de semana sen mortos nas estradas galegas
O 061 asistiu, ao longo desta fin de semana, a un total de 44 persoas debido a 36 accidentes de tráfico nas estradas galegas.Por provincias, a da Coruña foi a que rexistrou máis accidentes, con 20 sinistros; seguida de Pontevedra, con 13; e Ourense, con tres. En Lugo non se rexistrou ningunha alerta.
Atendendo aos recursos mobilizados polos médicos, a ambulancia medicalizada acudiu a un sinistro, a convencional a dous e a asistencial, a 39. Ademais, o helicóptero medicalizado desprazouse nunha ocasión, e os médicos de Atención Primaria prestaron asistencia sanitaria en dous casos.
En 42 casos, os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e, en dúas ocasións, foron atendidos no propio lugar do incidente sen necesitar traslado.