
3.000 quilos á semana. Esa e a cuota de captura para cada barco do ‘cerco galego’, segundo o acordo asinado entre o sector e o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio e o sector do cerco da zona do Golfo de Cádiz e do Cantábrico.
Segundo o acordo, o tope de captura de sardiña para España, 9.000 toneladas, se repartirán deste xeito: 3.600 toneladas- o 40 % para o Golfo de Cádiz- e 5.400 toneladas- o 60 %-para o Cantábrico.
A pesqueira da sardiña empezará o 1 de marzo e pechará a finais de ano, deixando pechados para veda os meses de decembro, xaneiro e febreiro. Será durante aqueles 9 meses nos que deba de repartirse a faena.