Galicia

O Porto de Vigo cae en tráfico de mercadorías mentres suben Ferrol, Marín, Vilagarcía e A Coruña

O tráfico de mercadorías en 2014 aumentou en relación co ano anterior nos portos de Ferrol-San Cibrao (+4,4%), Marín e Ría de Pontevedra (+2,8%), Vilagarcía (+2,35%) e A Coruña (+2,19%), pero caeu no de Vigo ( -2,35%), segundo os datos do Ministerio de Fomento coñecidos este xoves.

En concreto, o descenso no porto vigués supuxo pasar de case 4,19 millóns de toneladas en 2013 a 4,09 o pasado ano. Fronte a isto, o maior incremento en Galicia foi o de Ferrol-San Cibrao, que elevou os seus tráficos ata 13,09 millóns de toneladas, polo que se sitúa en primeiro lugar tamén en termos absolutos.

A continuación, no que respecta á variación anual, sitúase Marín e Ría de Pontevedra, que chegou ata 1,92 millóns de toneladas; seguido do porto de Vilagarcía (con 0,99 millóns de toneladas) e A Coruña (que transportou case 11,96 millóns de toneladas).

En canto a pasaxeiros de cruceiro, estes incrementáronse un 259,5% en Ferrol-San Cibrao, ata 39.017; mentres se reduciron un 53,07% en Vilagarcía, ata 1.032.

Por Vigo pasaron, o ano pasado, 176.019 pasaxeiros un 2,46% máis que en 2013 e por A Coruña 129.597, un 17,4%  menos que o ano anterior.

 

También te puede interesar