Entre el 2 junio y el 15 de julio
Leer másO BNG de As Neves denuncia verquidos ao Uma por falta de mantemento do saneamento por parte do Concello
Segundo ven de denunciar o voceiro do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego (BNG) de As Neves, a falla de mantemento e control na rede de saneamento ocasionou varios verquidos que están a contaminar o ría Uma entre outros.
Segundo Xosé Rodríguez Méndez, actualmente, o saneamento da parroquia de San Pedro e parte de Santa Olaia de Batalláns remata directamente no río Uma, “a rede de sumidoiros está dereivando os residuos a antiga decantadora que non ten mantemento e filtra todo o que lle chega para as fincas anexas e o río que está a escasos 20 metros”.
A comprobación feita no lugar polo BNG indica que a parte do saneamento San Pedro e da zona de Portela non está conectada á ‘mini depuradora’ de “Deputrans”,no lugar existen dúas arquetas ou pozos, “a arqueta 1 é a antiga que conecta coa decantadora e so ten esa saída, e a arqueta 2 que ten saída cara a Deputrans e entrada dende Santa Olaia, “tamén ten outra entrada que debería estar conectada coa arqueta 1 para recibir todo o que vai para o río pero o tubo remata debaixo de carretera PO402 sen establecerse a conexión”.
Rodríguez Méndez salienta que “este é o resultado da xestion do Partido Popular en As Neves, que non controla as obras nin fai o mantemento dos servizos provocando contaminación e innumerables multas medioambientais”.
O BNG comprométese a partir de maio, subliña o seu voceiro, de ter a responsabilidade de gobernar, “a revisar concienzudamente a realización das distintas obras e a manter correctamente a rede de saneamento do concello”.