Vigo al minuto

Publicada no BOE a mellora da seguridade do tramo da A-55 Vigo-Porriño

O Ministerio de Fomento iniciou, coa publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE) a información pública do proxecto de adecuación e mellora da seguridade vial do tramo de Vigo-O Porriño da autovía A-55.

Co obxecto de mellorar as condicións de seguridade vial da autovía a-55 entre Vigo e Porriño, proxéctanse actuacións en múltiples puntos da autovía A-55 comprendidos entre o enlace de Bembrive e Segade e o enlace coa antiga N-120 en Sanguiñeda.

Entre elas, inclúese a mellora de carrís de cambio de velocidade do enlace do Meixoeiro, a mellora e reordenación de movementos do enlace do punto quilométrico 10 da A-55, ou a mellora de accesibilidade á zona de Reguengo e Santo Eleuterio Eleuterio, entre outros.

Esencialmente, formúlase a mellora das condicións xeométricas dos accesos existentes, propoñendo ampliacións de lonxitudes de carrís de aceleración e desaceleración, ou carrís de trenzado entre entradas e saídas consecutivas, que permitan canalizar os movementos dunha forma máis axeitada.

Así mesmo, reordénanse e limitan accesos á autovía, co obxecto de mellorar a explotación da estrada e a seguridade vial. Tamén se actuará sobre a sinalización, horizontal e vertical, e sobre o balizamento dos tramos afectados.

As actuacións proxectadas teñen un orzamneto base de licitación estimado de 8,25 millóns de euros.

 

También te puede interesar