Vigo al minuto

Unha veciña de Coia con dous fillos e unha Risga de 239 €, demanada ao Concello por negarlle a axuda de emerxencia

O vindeiro mércores, ás 10 da mañá, celebrarase un novo xuízo contra o Departamento de Benestar Social do Concello de Vigo, iniciado por unha veciña de Coia, en reclamación contra a resolución pola que se lle denega unha Axuda de Emerxencia Municipal (AEM) para débedas de subministración (luz e gas).

Trátase do segundo xuízo contra este departamento pola cuestión das AEM, o pasado 29 de xaneiro celebrouse a vista na que outra persoa demandaba ao concello pola denegación de dúas AEM.

A solicitude denegada foi presentada o 2 de xullo de 2014 e foi rexeitada o 14 de novembro dese ano, alegando, que a solicitante cobra unha RISGA de 239,03 € e que, segundo o criterio do Departamento de Benestar Social, son uns “ingresos suficientes para afrontar os gastos ordinarios (entre eles a luz e o gas)”. Así se recolle literalmente: «vostede percibe una RISGA dende xullo deste ano e a partir de agora ten que asumir os gastos xerais e suministro da vivenda, xa que son gastos ordinarios»; en segundo lugar se denega a axuda por terse superado a contía máxima que se concede por vivenda e ano para as débedas de subministración.

O recurso contra esta resolución baséase en que, primeiro: non pode admitirse que a unha persoa con dous menores ao seu cargo, de 5 anos e dúas semanas de idade, que conta como únicos ingresos cunha RISGA de 239 € (máis pensión de alimentos), se lle indique dende o Departamento de benestar Social que non ten dereito a percibir máis axuda económica, por considerarse suficiente dita contía mensual para afrontar as súas necesidades básicas, e as da súa familia. Ademais, as bases reguladoras non establecen a percepción da RISGA como circunstancia que impida ou restrinxa o cobro dunha Axuda de Emerxencia Municipal.

En segundo lugar, “non é certo que superase a contía máxima anual para axudas de subministración”, xa que a base 7ª das bases fixa ese máximo (para luz e gas) en 800 €, e a recorrente percibiu durante todo o ano 2014 para eses dous conceptos un total de 519,41 €, “tal e como consta nos expedientes administrativos”.

Por último, “ao terse superado o tempo máximo de resolución deste tipo de axudas, que é de 3 meses, a solicitude tivo que ser estimada por silencio administrativo, xa que o prazo para resolver finalizou o 2 de outono de 2014 e a resolución non se ditou ata o 14 de novembro, sendo notificada o 4 de decembro”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.