Vigo al minuto

Os representantes do Concello alegan no xuizo iniciado por unha veciña de Coia que 239 € da Risga chegan para sobrevivir

A veciña de Coia, que denunciou ao Concello pola denegación da Axuda de Emerxencia, este mércores coa súa avogada nos xulgados de Vigo/Tresyuno Comunicación

Este mércores, ás 10 da mañá, celebrouse o xuízo contra o Departamento de Benestar Social do Concello de Vigo, iniciado por unha veciña de Coia, en reclamación contra a resolución pola que se lle denega unha Axuda de Emerxencia Municipal (AEM) para débedas de subministración (luz e gas).

Trátase do segundo xuízo contra este departamento pola cuestión das AEM, o pasado 29 de xaneiro celebrouse a vista na que outra persoa demandaba ao concello pola denegación de dúas AEM.

A solicitude denegada foi presentada o 2 de xullo de 2014 e foi rexeitada o 14 de novembro dese ano, alegando, que a solicitante cobra unha RISGA de 239,03 € e que, segundo o criterio do Departamento de Benestar Social, son uns “ingresos suficientes para afrontar os gastos ordinarios (entre eles a luz e o gas)”. Así se recolle literalmente: “vostede percibe una RISGA dende xullo deste ano e a partir de agora ten que asumir os gastos xerais e suministro da vivenda, xa que son gastos ordinarios”; en segundo lugar se denega a axuda por terse superado a contía máxima que se concede por vivenda e ano para as débedas de subministración.

Segundo a súa avogada, no xuizo os representantes do Concello trocaron de argumentos e aseguraron que denegaron a axuda en novembro porque en decembro estaba previsto aprobar para esta muller o pago do ‘cheque social’, “unha axuda que, como recollen as propias normas do Concello non  é incompatible, como tampouco o é o cobro da Risga, coa Axunda Municipal de Emerxencia”.

Esta, lembrou a avogada, tampouco é certo, como di a Concellería de Benestar, que superase os ingresos máximos que as normas municipais establecen, na base 7ª das mesmas, fixa (para luz e gas) en 800 €, “a miña representada recorrente percibiu durante todo o ano 2014 para eses dous conceptos un total de 519,41 €, co cal tampouco é válido esta alegación”.

 

También te puede interesar