É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másA Xunta aproba o Plan de Transporte Metropolitano de Vigo…sin Vigo
O Goberno galego aprobou este xoves o convenio para activar o plan de transporte metropolitano de Vigo, que incorpora inicialmente a doce concellos da área, pero non a Vigo nin a Gondomar, que contará cun investimento de 11 millóns en catro anos.
O vicepresidente Rueda, anunciou que nas vindeiras semanas o Goberno galego asinará este documento cos rexedores municipais de Baiona, Cangas, Fornelos de Montes, Moaña, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño e Soutomaior.
A posta en marcha desta modalidade de transporte público, que no caso de Vigo destaca pola intermodalidade -xa que estarán implicados medios de transporte como barco e autobús-, supón, segundo a Xunta, importantes aforros económicos para os usuarios, duns 600 € ao ano.
Ao igual que nas áreas en que xa está en marcha esta iniciativa (A Coruña, Santiago, Ferrol e Lugo), a Xunta contribúe co 80 % da bonificación no traxecto principal e os concellos co 20 % restante, ademáis, a Administración galega contribúe coa bonificación dun “cen por cento” dos transbordos e cos descontos adicionais aos usuarios habituais, é dicir, por recorrencia, e ás familias numerosas, con descontos de entre un 20 e un 50 %.
Aínda que os veciños da cidade de Vigo tamén se verán beneficiados por este plan nas rutas cos concellos que se sumaron ao convenio, Rueda sinalou que Abel Caballero tería que porqué deixa á cidade á marxe dunha medida que tamén podería carrexar descontos nos transbordos do ámbito urbano.
Caballero respostou a Rueda este mesmo xoves lembrabdo que o Concello ofrecerá á Xunta a asinar o plan e facendo unha aportación de 260.000 €, algo no que o Goberno galego estivo dacordo ata que “o alcalde de A Coruña que asinou o mesmo acordo pero sen teito de gasto deulle a orde á conselleira de que non consentise que Vigo tivese un teiro de gasto…porque o que manda na Consellería do Territorio é o alcalde de A Coruña…pero mentres eu sexa alcalde Vigo non vai asinar nada que non teña un teito de gasto”.