Vigo al minuto

Vigo, a cidade onde máis aumentou o número de autónomos o ano pasado

Vigo foi o concello galego onde máis persoas se deron de alta como autónomos o asado ano, segundo datos da Asociación de Profesionais Autónomos e do Mar (Aproamar).

A través dun comunicado de prensa, esta asociación salienta que a cidade aumentou en 440 autónomos en 2014, por diante de A Coruña (326), Ourense (176), a Ames (151), Santiago (141), Pontevedra (139) e Lugo (119).

No que atinxe a Galicia, o número de autónomos en 2014 subiu en 3.143. O 93,12 % destes novos traballadores rexistrouse nas provincias da Coruña e Pontevedra, mentres que Lugo perdeu activos e Ourense unicamente sumou 234 novos autónomos.

 

También te puede interesar