Comarcas

Xosé Rodríguez, candidato á Alcaldía de As Neves, “imos abrir a porta a un novo goberno en As Neves”

Foto: Pily Reñones//Xosé Rodríguez Méndez, candidato á Alcaldía de As Neves

Xosé Manuel Rodríguez, Méndez, Laboralista de 50 anos, veciño de Tortoreos, onde vive coa súa familia, afronta o reto de asumir a Alcaldía de As Neves nun momento de profundos cambios sociais, “aos que non pode ser alleo o concello, se queremos conquerir “a fixación da poboación, a creación de emprego e a mellora dos servizos”.

Estes obxectivos, serán os eixos centrais do goberno formado por “mulleres e homes capaces, novos, que representan ó territorio municipal e a todas as capas da sociedade, que asumen con decisión e enerxía esta tarefa”.

As Neves precisa un alcalde que impulse xeitos innovadores de lograr o desenrolo económico, “aproveitando o potencial de As Neves, dando oportunidades a ideas imaxinativas e orixinais, e aos veciños que  están impulsando propostas novas capaces de xerar postos de traballo e desenrolo económico”. As mesmas son unha parte esencial do artellamento económico de As Neves, e “ademáis contribúen ao asentamento e crecimento da poboación”.

O próximo alcalde de As Neves tamén apostará, como fixo nos anos nos que estivo á fronte da oposición municipal, polo diálogo cos veciños, “empezando por escoitar ás parroquias e por dotar aos cidadáns de máis instrumentos de participación, de opinión e de diálogo inmediato cos concelleiros”. Porque, subliña Xosé Manuel Rodríguez, “imos gobernar contando coa xente, escoitando, atendendo aos seus problemas, indo a onde se producen e considerando as súas posibles solucións: só así é posible transformar este concello”.

 

También te puede interesar