Membros do Comité de Persoal de Povisa mantiveron este luns unha xuntanza coa subdirectora xeral de Traballo da Xunta, María Cotinho, en Compostela, para coñecer os verdadeiros motivos do Expediente e Regulamento de Emprego (ERE) plantexado polo hospital privado que-ainda que foi retirado pola empresa– segundo os representantes dos traballadores, vai traer despidos.
Os integrantes do Comité cren que detrás da retirada do ERE- segundo a empresa por falta de documentación- hai “algo máis” e iso foi o que preguntaron á directora xeral á que lle comentaron que a retirada do expediente “non vai a impedir que haxa despidos” que, segundo os sindicatos, Povisa xustificará con causas obxectivas ou de organización.
Os representantes dos traballadores non entenden como o hospital pode despedir a alguén logo de que o convenio asinado co Servizo Galego de Saúde (Sergas) “garante a viabilidade do mesmo polo menos 10 anos máis”. Ademáis, os sindicatos salientaron que Povisa incumple parte do devandito convenio que garante a carga de traballo e impide externalizar servizos.