Comarcas

A Esmorga abre este venres a Programación Cultural de Tui deste ano

Miguel de Lira, Karra Elejalde e Antonio Durán 'Morris', protagonistas de A Esmorga

O filme, protagonizado polo dobre ganador do Goya, Karra Elejalde, Miguel de Lira, Antonio Durán “Morris”, baseado na novela de Eduardo Blanco Amor, rodado en Ourense e Lugo e en galego, será o encargado de abrir este venres, a programación cultural tudense do primeiro semestre do 2015 e poderá verse en dobre función ás 7 da tarde e ás 10 da noite.

As entradas para esta proxección estarán á venda en www.culturatui.info ata o venres á 1 da tarde, ou poderanse adquirir o venres hora e media antes do comezo da función a 5€, prezo xeral e 3,5€ prezo reducido, para posuidores do carné xove, desempregados, xubilados, familia numerosa, ou carné da biblioteca municipal de Tui.

 

También te puede interesar